XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia (Inauguración)


Onte, día de Todolos santos (ou Halloween, para os modernos), inaugurouse a decimoctava Mostra de curtas Vila de Noia coa proxección da película Dhogs de Andrés Goteira (Dudo que teña algún tipo de parentesco co outro Goteira: Pepe). No escenario estuveron o director da misma e gran parte dos actores que traballaron nela como Carlos Blanco, que viña de gañar o premio o mellor actor no festival Nocturna de Madrid. Tamén estuveron Miguel de Lira, Antonio Durán «Morris», María Costas e una estupenda Melania Cruz da que non sabía nada pero que haberá que seguirlle a pista pola boa impresión que deixou na película.

Ademais do premio a Carlos Blanco, a película tamen levou o premio a mellor película nese mesmo festival. Tamén o gañou no Split Film Festival de Croacia, e participou no Frighfest de Londres; no BAFICI de Buenos Aires e no festival de Sitges.

A peli, o marxe de que me pudera gustar mais ou menos, non deixa indiferente gracias a fauna que nela sale, a cada cal peor. Así temos un taxista, interpretado por Antonio Durán «Morris» que quizais sexa o personaxe mais inclasificable (polo menos eu non me enterei cal era a sua funcion). Cando se pon a picar carne a toda velocidad, descolocame de todo. Non sei si era intencionado, pero co bigote parecia un capo mexicano e eu pensaba mentres o vía que si se presentase así na rodaxe de Narcos, fichábano seguro. Logo está o interpretado por Miguel de Lira que che da directamente una patada no estomago xa que non mo esperaba para nada; Tamén os frikis da gasolineira (nai e fillo) pero que creo que son os que ofrecen a situación mais rebuscada de toda a película, ademais de apurar o seu final de maneira que non me acabou de convencer. Dhogs-414704331-large

 

 

Gustariame saber si os mocos do malo eran reais ou eran de atrezzo, porque era do mais realista. Aparte que che facía sentir lastima por el, a pesar de ser un ser indesexable.

A prota, Melania Cruz, sufre como ninguén; inda que botin de menos algo mais vengativo.

Na película vexo referencias, ou eso parecenme; o cine de Tarantino ca conversa dos dous porteiros do local (Un fala e outro escoitaba) ou a Donnie Darko ca mascara de coello de Miguel de Lira.

Volvendo a gala, esta estuvo presentada por Pedro Brandariz, quen xa presentara o ano anterior e que a min deixárame moi boa impresión.

 

Publicado por jesus712

Aficionado y devorador de películas

Deja un comentario